Grupos de Investigación

 

EQUIPO DE PROCESOS DE SEPARACIÓN AVANZADA (EQ1)

O Grupo de Procesos de Separación Avanzada, creado no ano 1982 desenvolve o seu labor ide nvestigacióna dentro do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo no Campus Lagoas - Marcosende.

Na actualidade, o grupo investigador componse dun total de 17 persoas entre doutores, doutorandos, tesiñandos e técnicos de laboratorio. A dirección do equipo corre a cargo da Prof. M ª Ángeles Domínguez Santiago.

O grupo desenvolve a súa actividade investigadora nas áreas de Enxeñaría Química e Tecnoloxía Química, especializándose en Procesos de Separación.

O traballo deste grupo está enfocado tanto ó desenvolvemento e investigación científica a nivel laboratorio como á percura de solucións para as Industrias Químicas.

CONTACTO: Prof. Mª Angeles Domínguez Santiago. Facultade de Química.

Telef.: 986 81 22 87. Fax: 986 81 23 80. E-mail: admguez@uvigo.es

Máis información en: http://webs.uvigo.es/prosepav/

  

EQUIPO DE ENXEÑERÍA QUÍMICA (EQ2)

Aproveitamento e bioconversión de residuos lignocelulósicos. Novas tecnoloxías na produción de alimentos e aditivos alimentarios. Produción de aditivos alimentarios a partir de materiais lignocelulósicos. Produción de alimentos a partir de fontes alternativas. Simulación de procesos biotecnolóxicos para obtención de produtos de interese alimentario. Simulación de procesos químicos de fraccionamento de materiais lignocelulósicos.

CONTACTO: José Luis Alonso González. Facultad de Ciencias, Ourense.

Telef.: 988 38 72 33. Fax: 988 38 70 01. E-mail: xluis@uvigo.es

Máis información en: http://webs.uvigo.es/grupo_eq2/

  

EQUIPO DE BIOPROCESOS (EQ3)

Grupo multidisciplinar que enfoca os seus coñecementos e esforzos cara o desenvolvemento de tecnoloxías de aplicación en diversos sectores industriais. Abranguendo tanto aspectos de deseño coma de optimización e innovación de Procesos Químicos, Bioquímicos e Medioambientais.

CONTACTO: Mª Ángeles Sanromán Braga. Facultad de Química.

Telef.: 986 81 23 83. Fax: 986 81 23 80. E-mail: sanroman@uvigo.es

Máis información en http://bioprocesos.uvigo.es

 

EQUIPO DE TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS (EQ4)

Caracterización bioquímica e microbiolóxica do proceso de maduración de produtos lácteos e cárnicos tradicionais, con vistas á mellora da tecnoloxía de elaboración e ó incremento da calidade e homoxeneidade dos produtos finais.

Estudio do comportamento de Bacillus cereus a partir dos tratamentos térmicos moderados con vistas á optimización destes tratamentos e das condicións de almacenamento dos alimentos tratados. Estudio do comportamento viscoelástico de queixos de pasta branda. Asesoría á industria alimentaria e formación nos campos relacionados coas liñas de traballo antes expostas. Asesoría á industria alimentaria e formación no desenvolvemento, control e optimización de procesos térmicos e non térmicos de conservación dos alimentos.

CONTACTO: Francisco Javier Carballo García. Facultad de Ciencias, Ourense.

Tlfo: 988 38 70 52. Móvil: 662 04 97 66. Fax: 988 38 70 01. E-mail: carbatec@uvigo.es

 

EQUIPO DE OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS DE FABRICACIÓN (EQ5)

Monitorización e control de procesos industriais. Captura de datos de planta en tempo real. Determinación do índice de rendemento, dispoñibilidade e calidade en tempo real.

CONTACTO: Miguel López González. E.U. de Ingeniería Técnica Industrial.

Telef.: 986 81 36 50. Fax: 986 81 36 44. E-mail: mflopez@uvigo.es

 

EQUIPO DE BIOTECNOLOXÍA AGROALIMENTARIA (EQ7)

Desenvolvemento de novas tecnoloxías e procesos biotecnolóxicos para a obtención de aditivos alimentarios, bacteriocinas e biosurfactantes. Elaboración de novos produtos para a industria alimentaria. Aproveitamento e valorización de subprodutos e residuos das industrias alimentaria e agrícola. Valorización e aproveitamento de lías de vinificación para a recuperación de ácido tartárico e produción de nutrientes económicos. Tecnoloxías de fraccionamento de residuos lignocelulósicos para xeración de medios de fermentación.
Estudio de diferentes condicións e técnicas de cultivo de microorganismos: fermentación alcohólica e láctica. Recuperación de aditivos alimentarios (xilitol, ácido láctico…) de medios fermentados. Produción de encimas e aplicación a subprodutos da industria alimentaria.

CONTACTO: José Manuel Domínguez González, Facultad de Ciencias, Ourense.

Telef.: 988 38 70 47. Fax: 988 38 70 01. E-mail: jmanuel@uvigo.es.

 

EQUIPO DE APROVEITAMENTO DE MATERIAIS LIGNOCELULÓSICOS. BIOCARBURANTES (EQ9).

Aproveitamento de biomasa e residuos agrícolas. Produción de biocarburantes a partir de biomasa. Conversión fermentativa de biomasa. Deslignificación de biomasa. Produción de pasta de celulosa mediante tecnoloxías respetuosas co medio ambiente. Simulación de procesos para o fraccionamento e aproveitamento de biomasa. Produción de etanol mediante tecnoloxías respetuosas con el medio ambiente.
CONTACTO: Gil Garrote Velasco, Facultad de Ciencias, Ourense.
Telef.: 988 387075. Fax: 988 38 70 01. E-mail: gil@uvigo.es

 

EQUIPO: EQEA (CI11/C)

Xestión medioambiental. Análise da contaminación acústica. Avaliación do impacto medioambiental. Estudio e análise do tratamento de augas residuais. Aforro e mellora da eficiencia enerxética, das instalacións industriais, de servizos ou residencias. Análise, deseño, simulación e optimización de procesos enerxéticos. Estudio de enerxías renovables. Análise, deseño, simulación e optimización de procesos químicos e térmicos. Estudios de descontaminación atmosférica por vía húmida.

CONTACTO: Ángel Sánchez Bermúdez. E.T.S. de Ingenieros Industriales

Telef.: 986 81 22 13. Fax: 986 81 22 01. E-mail: asanchez@uvigo.es

 

EQUIPO DE ENXEÑERÍA DA CORROSIÓN E MATERIAIS: ENCOMAT. (CI11/A)

ENCOMAT (Enxeñaría de Corrosión e Materiais) é un grupo interdisciplinar no que participan profesores das áreas de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, e Enxeñaría Química da Universidade de Vigo.

O grupo está formado arredor dun interese común dos seus membros, o estudio dos fenómenos de corrosión: a súa prevención e o seu aproveitamento.

As liñas de traballo actuais céntranse no control da corrosión por modificación superficial a escalas nano e micro, mediante recubrimentos orgánicos e inorgánicos.

Outro aspecto importante da actividade do grupo é o asesoramento técnico á industria nos campos da ciencia dos materiais e a electroquímica aplicada.

CONTACTO: X. Ramón Nóvoa Rodríguez. E.T.S. de Enxeñeiros de Minas.

Telef.: 986 81 22 13. Fax: 986 81 22 01. E-mail: rnovoa@uvigo.es.

Máis información en http://webs.uvigo.es/encomat/

 

Copyright © 2008 CÚBICA COMUNICACIÓN.